martes, 14 de enero de 2014

Práctica 1- Segunda avaliación: Redes informáticas


Qué é unha rede-
Unha rede é un conxunto de ordenadores conectados entre si, que poden compartir datos (imaxes, documentos, etc.) e recursos (disco duro, unha impresora, etc.).
A rede máis simple consta de dous ordenadores e a súa complexidade pode aumentar ata conectar miles de ordenadores de todo o mundo, tal como sucede coa rede internet.

  • Tipos de redes
-As redes informáticas poden clasificarse de acordo con varios parámetros:Según a sua área de cobertura:
  • Redes de Área Local (LAN, Local Area Networks). Son redes de pequena extensión (red dunha universidade, unha casa, un edificio, etc.)
  • Redes de Área Extensa (WAN, Wide Area Networks). Estas redes interconectan equipos xeográficamente máis dispersos (unha cidade, un país ou incluso distintos continentes).
-Según o seu nivel de acceso ou privacidade:
  • Internet: É unha rede mundial de redes de ordenadores. Caracterízase por ser de acceso público e permite aos seus usuarios comunicarse e compartir información e servizos en todo o mundo. 
  • Intranet: É unha rede local que utiliza ferramentas de internet (web, correo electrónico, etc.). Pódese considerar como unha internet privada que forma dentro da mesma institución. 
  • Extranet: É unha rede privada virtual resultante da interconexión de dous ou máis intranets utilizando para iso internet como medio de comunicación. 
  • Rede de área persoal ou PAN (persoal area network). É unha rede conformada por unha pequena cantidade de equipos, establecidos a unha curta distancia un doutro. Esta configuración permite que a comunicación que se estableza sexa rápida e efectiva. 
  • Rede de área metropolitana ou MAN (metropolitan area network). Esta alcanza unha área xeográfica equivalente a un municipio. Caracterízase por utilizar unha tecnoloxía análoga ás redes LAN, e baséase na utilización de dous buses de carácter unidireccional, independentes entre si no que se refire á transmisión de datos. 
  • Rede de área local inarámica ou WLAN(Wireless Local Area Network). É un sistema de transmisión de información de forma inarámica, é dicir, por medio de satélites, microondas, etc. Nace a partir da creación e posterior desenvolvemento dos dispositivos móbiles e os equipos portátiles, e significan unha alternativa á conexión de equipos a través de cableado.
Equipos nunha rede-
Nas redes, en particular as redes locais, solen diferenciarse:
  • O servidor: É un ordenador que proporciona recursos compartidos e servizos aos usuarios dunha rede. Os servizos poden ser de web, correo electrónico, etc. 
Os clientes: Son o resto dos equipos conectados a rede. Normalmente estos equipos traballan de forma automática accedendo a rede para intercambiar información ou utilizar os servizos e recursos que ofrece o servidor. 

Redes Wlan
  • Un tipo de rede de área local bastante extendidas son as Redes de Área Local Inarámicas ou WLAN, Wireless Local Area Networks. Estas redes permiten aos usuarios acceder a información e recursos sen necesidade de estar físicamente conectados nun determinado lugar.
Recursos compartidos-
  • Un recurso compartido é calquer dispositivo, conxunto de datos ou programa que pode compartirse nunha rede. Poden ser recursos compartidos os arquivos, as carpetas, unha base de datos, o disco duro, unha impresora, un lector DVD, ect.
Conceptos básicos sobre o redes-
Cando se traballa con redes é necesario coñecer unha serie de conceptos que son básicos para a súa montaxe, configuración e posterior uso. Algúns deles son:
  • A comunicación é un proceso que involucra a un emisor, a unha mensaxe que será transmitida a través dun canal e a un receptor. Nunha rede, os ordenadores son emisores e receptores ao mesmo tempo. O canal é o medio polo que circula os datos: ondas, cables, etc. 
  • Protocolo. Para que o emisor e o receptor podan entenderse entre si é necesario que utilicen unha mesma linguaxe. En informática, esta linguaxe e conxunto de regras que se lle chama protocolo. O protocolo mais utilizado e o que se emprega en internet e se chama TCP/IP. 
  • Dirección IP. É a dirección de rede do ordenador. Cada un dos ordenadores que forman parte da rede se identifican por un número denominado a dirección IP. A dirección IP está formado por 4 números separados por un punto, cada un dos cales pode tomar valores entre 0 e 255. 
  • Mácara de rede. Número similar a dirección IP, que determina que parte da dirección IP especifica ao equipo e que parte da subrede a que pertence. Utilízase para crear subredes. 
  • Grupo de traballo. Os equipos agrúpanse en subredes para facilitar o seu uso. Para que os equipos dunha rede se podan conectar entre si han de estar no mesmo grupo de traballo. 
  • Porta de enlace ou Gateway. É a dirección IP a través da cal se sae da rede local hacia ao exterior, xa sexa rede ou internet. Soe ser a IP do ruter. 
  • Dns, sistema de nomes por domicilio. As direccións IP son difíciles de recordar polos usuarios. Por elo utilízase o DNS que asocia as direccións IP a un conxunto de palabras mais faciles de recordar. 


Páxina web relacionada sobre o tema.




No hay comentarios:

Publicar un comentario